maio    
    2024    
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

BOPPO número 56

martes, 19 de marzo de 2024

ADMINISTRACIÓN LOCAL

Municipal

Poio

Outros documentos, notificacións e informacións públicas

PARTICIPACIÓN DO PROCEDEMENTO ABREVIADO P.A. 385/2023 XULGADO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO N.3 PONTEVEDRA, CONTRA O PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO DERIVADO DA OPE EXTRAORDINARIA 2022

ANUNCIO: P.A. 385/2023 Xulgado Contencioso – Administrativo N.3 Pontevedra

En cumprimento da Resolución da Alcaldía núm. 2024-0229, de data 8 de marzo de 2024, e de conformidade co art. 49 da Lei 29/1998 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, particípase que ante o Xulgado do Contencioso Administrativo núm. 3 de Pontevedra, tramítase o procedemento abreviado número 385/2023, promovido por D. Borja Burgos Agís contra o proceso de estabilización de emprego derivado da OPE extraordinaria 2022 do Concello de Poio.

O que se comunica aos efectos da notificación prevista no mencionado precepto da citada lei xurisdicional consonte ao establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, de 2 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, a fin de que o persoal que participou en dito proceso de selección ou que se puideran ver afectados pola Resolución da Alcaldía mencionada e que teña interese lexítimo no mantemento do acto impugnado, poida comparecer e persoarse como demandados no citado procedemento, no prazo de nove días contados a partir da publicación e na forma prevista na repetida lei.

ASINADO DIXITALMENTE Á MARXE.

O Alcalde: Ángel Moldes Martínez.

NOTA INFORMATIVA: O contido da versión HTML deste anuncio ten carácter meramente informativo e está dispoñible nesta páxina para comodidade do cidadán. O anuncio con validez legal é a versión PDF asinada electronicamente.