L | M | M | X | V | S | D |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 |
Subscrición ó BOPPO
O BOPPO ofrece a posibilidade de subscribirse de forma gratuíta para recibir notificacións no correo electrónico automaticamente cando se publiquen anuncios de interese.
Para gozar destas vantaxes están dispoñibles as seguintes operacións:
Darse de alta no servizo de subscrición
Para iso deberá acceder á sección correspondente do portal do BOPPO e seleccionar os tipos de anuncios aos que se desexa subscribir indicando o seu correo electrónico. A subscrición deberá confirmarse a través dunha ligazón que recibirá na conta de correo electrónico especificada.
Modificar unha subscrición realizada previamente
Desde a mesma páxina na que se realiza a alta débese indicar o correo electrónico e seleccionar a opción de modificación. O sistema enviará un correo electrónico ao enderezo especificado, que conterá unha ligazón desde a que se poderán actualizar as tipoloxías de anuncios ás que desexa subscribirse.
Darse de baixa dunha subscrición
O funcionamento é similar ao de modificación da subscrición. Neste caso a ligazón enviada ao correo electrónico permitirá realizar directamente a baixa do servizo.