L | M | M | X | V | S | D |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 |
Buscas no BOPPO
As buscas no BOPPO permiten localizar os anuncios que cumpran uns determinados criterios. Para acoutar o número de resultados o portal ofrece a posibilidade de utilizar dúas modalidades:
Busca simple
Permite localizar os anuncios que conteñan o texto introducido na caixa de busca.
Busca avanzada
Ademais de por texto introducido na caixa de busca tamén permite restrinxir a consulta por outros criterios como a entidade publicadora, o tipo de anuncio, o número de boletín ou a data de publicación (para estes dous últimos é posible establecer unha marxe tan ampla ou limitada como se desexe).
Para os boletíns publicados antes do 12 de decembro de 2014 o portal mostra a lista dos que cumpren os criterios de busca indicados, e pódense consultar ou descargar os arquivos PDF correspondentes.
No caso dos boletíns publicados despois desa data a aplicación devolverá aqueles anuncios que cumpren cos criterios de busca introducidos, e está dispoñible a consulta en formato HMTL ou a consulta e a descarga como arquivo PDF.