Como se verifica un documento
A verificación da autenticidade de calquera documento impreso realízase mediante o cotexo deste co documento electrónico orixinal. Para iso, a cidadanía pode introducir o código de verificación electrónica do documento na sección "Consulta do BOPPO" do portal e obter o documento orixinal firmado electronicamente.
O código de verificación electrónica (CVE) consiste nun conxunto de caracteres que identifican de forma única calquera documento emitido pola Deputación de Pontevedra. Este código está impreso en todas as páxinas que compoñen o BOPPO para facilitar o acceso ao documento electrónico orixinal.