Accesibilidade

DECLARACIÓN DE ACCESIBILIDADE

A Deputación de Pontevedra comprometeuse a facer accesible o seu sitio web do portal do Diario Oficial da Provincia de Pontevedra conforme ao Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

A presente declaración de accesibilidade aplícase ao seguinte sitio web https://boppo.depo.gal.

Situación do cumprimento

Este sitio web é conforme ao RD 1112/2018 ao recoller os requisitos de accesibilidade de

prioridade 1 e 2 nivel AA.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. Falta de conformidade co RD 1112/2018:
  • Pode haber fallos puntuais de edición nalgunha páxina web, como anidamiento incorrecto de elementos, presenza dalgunha ligazón rota, parágrafos sen o marcado correcto, ou algún salto nos niveis de encabezado [requisito número C9.2.7 Información e relacións das partes de UNE301549 v1.1.2:2015].
  • Do mesmo xeito, pode haber arquivos ofimáticos en PDF ou outros formatos que non cumpran os requisitos de accesibilidade porque fosen elaborados únicamente con obxecto de presentar determinada información visualmente, aínda que habitualmente ofrécese unha alternativa en texto.
  1. Carga desproporcionada : non aplica.
  2. O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable : poden existir arquivos ofimáticos en PDF ou noutros formatos publicados antes da entrada en vigor do Real Decreto, que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade.

Preparación da declaración de accesibilidade

A presente declaración foi preparada o 16/10/2019.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo pola Deputación de Pontevedra.

A data da última revisión da declaración é o 04/11/2019.

 

Observaciones e datos de contacto

A través de https://www.depo.gal/formulario-de-contacto poderemos realizar as comunicacións necesarias para informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio Web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web.

As comunicacións serán recibidas e tratadas pola Deputación de Pontevedra.

Procedemento de aplicación

O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.

CONTIDO OPCIONAL

Compromiso da entidade

Co obxectivo de cumprir cos principios de accesibilidade e deseño universal a Deputación de Pontevedra traballa para garantir que todos os cidadáns –con especial atencións ás persoas con algún tipo de discapacidade e maiores–, poidan navegar sen atopar dificultades de acceso por esta web, en igualdade de condicións con independencia das súas circunstancias persoais, medios ou coñecementos.

Estándares e normativa

A política de accesibilidade aplicada pola Deputación de Pontevedra é acorde coas esixencias do "Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicación para dispositivos móbiles do sector público".

A páxina da web da Deputación de Pontevedra cumpre na actualidade cos requisitos da Norma EN 301 549 V2.1.2 (2018´-08) considerando as excepcións do RD 1112/2018.

Este sitio web está optimizado para os navegadores M.S. Internet Explorer 11.0 e/ou versións superiores e as últimas versións vixentes de Firefox, Safari, Opera e Google Chrome. A resolución web mínima recomendada é de 1280x1024.

Este sitio web está deseñado para a súa visualización responsive, co que se visualiza de forma óptima nos dispositivos tablet e móbiles. Nestes dispositivos está optimizado para a súa visualización nas últimas versións vixentes de Chrome for mobile, Firefox for mobile, Safari mobile, Opera Mini e navegador nativo de Android.

Identifícanse os cambios de idioma mediante a etiqueta correspondente para facilitar a tarefa de navegación con lectores de texto.

Data de última revisión

A última revisión de accesibilidade foi realizada: 05/11/2019