Consulta do BOPPO

No portal do BOPPO pódense consultar todos os números do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicados desde o 1/1/2000 ata a actualidade. Para isto existen dúas modalidades en función da súa data de publicación:

  • Os boletíns anteriores ao 12 de decembro de 2014 pódense descargar como un arquivo PDF único que engloba todos os anuncios publicados no boletín. Para acceder a un anuncio deberase seleccionar o día que se desexe consultar no calendario de publicación. Tamén pode indicarse directamente a data desexada no formulario establecido para o efecto. De calquera destas formas descargarase o arquivo PDF do boletín completo desa data.
  • Os boletíns posteriores a esta data están publicados como anuncios independentes que permiten a consulta en formato HTML ou PDF. O acceso a estes realízase desde o sumario de cada día. Para iso, na páxina principal do portal inclúese unha ligazón ao sumario do último día no que se realizou a publicación do BOPPO. Para consultar outras datas débese navegar polo calendario como se indicou no apartado anterior ou seleccionar a data concreta no formulario correspondente.
  • Unha vez seleccionado o boletín preséntase o seu sumario nunha páxina HTML con ligazóns a cada un dos anuncios publicados, en formato HTML e PDF. Adicionalmente ofrécese a posibilidade de descargar o propio sumario ou o boletín completo en formato PDF.
    • Os anuncios en formato HTML ofrecen a posibilidade de descargar o arquivo PDF oficial do anuncio. Ademais, dado que os anuncios se publican no idioma que establece a entidade publicadora, na páxina do anuncio ofrécese a posibilidade de consultar unha tradución automática deste. En todo caso trátase dunha funcionalidade orientada a facilitar a consulta do anuncio pero que non ten validez legal.