setembro    
    2025    
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30

Instrucións para o envío de anuncios ao BOPPO

As solicitudes de inserción de anuncios no BOPPO deberán realizarse obrigatoriamente a través da páxina boppo.depo.gal/solicitude-insercion(optimizada para os navegadores Microsoft IE9 ou superiores, Google Chrome e Mozilla Firefox) seguindo estes pasos:

  • Cubrir o modelo oficial de solicitude de inserción de anuncios, tendo en conta que xunto cos datos da solicitude deberá achegarse o contido do anuncio nun único arquivo en formato Word ou Open Office editable. Para iso é recomendable utilizar os modelos de solicitude de inserción de anuncios, que poden descargarse desde a sección "Descarga de documentos" da páxina www.boppo.depo.es
  • Premer o botón "Enviar"
  • Descargar e imprimir o xustificante electrónico da orde de inserción xerado pola web tras realizar o envío, que incluirá un código único de solicitude
  • Presentar no Rexistro da Deputación de Pontevedra o xustificante impreso da orde de inserción, que inclúe o código único de solicitude, xunto cos orixinais que se queren publicar no BOPPO en soporte papel, tendo en conta que debe presentarse unha orde de inserción por cada anuncio que se desexe publicar
  • O texto do anuncio publicarase na mesma forma e nos mesmos termos nos que se presente
  • A persoa solicitante da inserción é a responsable de que exista concordancia entre a orde de inserción e o anuncio correspondente. No caso de que non exista esta concordancia anularase a solicitude e será necesario volver repetir o proceso
  • Non se publicarán os anuncios recibidos por medios alternativos ó mencionado como fax, telefax, correo electrónico, etc
  • Estas instrucións son de obrigado cumprimento a partir do 23 de febreiro de 2015